Roteiro dos faros
O mar bravo da Costa da Morte levou moitas vidas por diante. A partir
de finais do século XIX, comenzan a construirse faros para axudar
aos numerosos barcos que navegaban polas nosos costas.
Este percorrido pasa polos faros da Costa da Morte. Deixamos fóra
os que están situados en illas e illotes, como o das Lobeiras,
na ría de Corcubión ou o das Illas Sisargas, en Malpica.
Este roteiro cómpre facelo en coche, porque é demasiado
longo e con moitas costas para facelo en bicicleta (se estás
en boa forma e non tes medo aos desniveis continuos, animámosche
a facelo e que nos contes os detalles da túa viaxe).
Neste percorrido non visitamos o Faro de Lariño, en Carnota,
xa que habería que ir e volver polo mesmo camiño, perdendo
máis dunha hora no traxecto.
O roteiro pode facerse nun día, parando con tranquilidade en
cada un dos faros para desfrutar da inmensidade do mar.
- Faro
do Cabo Cee
Comenzamos en Corcubión dirixíndonos ao cabo Cee, pasando
polo Castelo do Cardeal.
- Faro
de Fisterra, a 12Km (16 min) (ver
traxecto en coche)
Voltamos polo mesmo camiño até chegar á estrada
principal, onde collemos dirección a Fisterra. Logo de
chegarmos á vila, veremos indicacións para ir até
o mítico faro.
- Faro
de Touriñán, a 24 Km (28 min) (ver
traxecto en coche)
Construído pola perigosidade dos baixos da Buxeirada, O
Garrido e a rocha do Farelo ou Laxe de Touriñan.
- Faro da Punta da Barca, a 15 km (19 min) (ver
traxecto en coche)
Poderemos visitar tamén o Santuario da Virxe da Barca, na mesma
punta que o faro.
- Faro
do Cabo Vilán, a 29 km (39 min) (ver
traxecto en coche)
O primeiro de todo o Estado que contou con luz eléctrica.
O afondamento do Serpent apurou a súa construcción.
- Faro de Laxe, a 31 Km (41 min) (ver
traxecto en coche)
- Faro da Punta do Roncudo (Corme), a 24Km (33min)
(ver
traxecto en coche)
- Faro de Punta Nariga (Malpica), a 18 Km (25min)
(ver
traxecto en coche)
Ano 1994. Obra de César Portela, prestixioso arquitecto galego.