Esta denominación de Turismo Mariñeiro aplícase ás actividades que permiten compartir e participar na xornada de traballo dun pescador. Poderán participar na propia actividade laboral, na medida do posíbel, e coñecer de primeira man as súas inquietudes, dificultades e a propia fala mariñeira.
Este proxecto está encadrado dentro do proxecto Mar de Lira da Confraría de Pescadores de Lira. A idea é aproveitar a pesca tradicional abríndoa a outros sectores como o turístico, nun intento de que non se perda esta forma de traballo e que siga sendo rendíbel.
Dentro da nosa comarca poderás realizarse estas actividades en Lira (Carnota).
Hai que coller na veciña vila de Cee a estrada C-550 en dirección a Muros.
Despois de pasar por O Pindo, Caldebarcos e Carnota, chégase a Lira (a uns 31 kms). Alí hai que procurar Porto Cubelo, o porto de Lira que é onde se realizan estas actividades.
Para mandar unha mensaxe a Mar de Lira
Teléfonos: 981 76 12 52 e 636 29 47 96.