Agradecementos

Esta páxina é un proxecto dirixido por Galinus. Ademais da coordinación xeral, Galinus realizou integramente o deseño da Arquitectura da información. O deseño Visual foi concebido por Disseny Design.

Pero ademais do noso traballo hai que agradecer a axuda de moita xente:

  • A Pablo Damonte, que realizou a maioría das fotografías que adornan esta páxina.
  • O Concello de Corcubión, que se involucrou profundamente neste proxecto e que é responsable de moitos dos textos desta páxina.
  • Á Asociación Pan de Raposo, que nos axudou a elaborar a páxina sobre Micoloxía.
  • A Moncho do Goriño (do Grupo de Gaitas de Sardiñeiro), Moncho Domínguez (de Anymo e A Cruz de Baixar), Coque (o gran Gaiteiro de Muxía) e Prácido Baamil (gaiteiro de Cee) pola súa axuda na elaboración da páxina sobre Música Tradicional.
  • A Noemí e Javier dos Clube Carrumeiro e Furacán de Corcubión pola súa axuda na parte de Deportes náuticos.
  • A Emilio Louro (Milucho) pola súa colaboración para a páxina de Turismo mariñeiro.
  • A Olería Aparicio de Buño, que colaborou para a páxina de Artesanía na Costa da Morte.
  • A xente de Agal, pola súa estupenda traduzón a Galego-Português que fixeron desta páxina.
  • En xeral, a toda a xente de Corcubión e a Costa da Morte que axudou a completar os contidos desta páxina.