Axenda no Concello de Corcubión

Estes son os actos que se van celebrar nas vindeiras semanas no Concello de Corcubión:


19/09/07 ao 11/10/07 CAMPAÑAS DO ÁMBITO MEDIOAMBIENTAL E DA SAÚDE

Ponse en coñecemento das veciñas e veciños dos proxectos e campañas executados:

1.- “Recicla Máis” (activa ata o 11 de Outubro de 2007)

É a Campaña na que se pon á disposición da veciñanza a Casa do Concello para o deposito de envases baleiros de medicamentos, así como os medicamentos que non se precisen ou os caducados. As veciñas e veciños responderon, actuaron e conseguiron que na Casa do Concello se entregara unha boa cantidade de medicamentos (evitando que chegaran ao lixo) e que na Farmacia do Lcdo.D. Ramón Seoane López (colaborador da Campaña) se incrementara tamén o número de medicamentos depositados. A veciñanza deu mostra das suas inquietudes chamando ao Concello ou acercándose ate alí para informarse sobre o que se podía depositar nos contedores especiais para medicamentos, que se facía logo con eles, en que lugares se podían depositar a parte do Concello…Quedando patente o dinamismo e o carácter ecoloxista e protector da saúde que ten o noso pobo.

2.- “Concienciación Cidadá Sobre o Consumo de Antibióticos”

Coa colaboración da Dra. Dna. Mª Concepción Llopis De La Vega puxemos sobre a mesa un problema de actualidade na sanidade: o consumo dos antibióticos; deixando claro que debemos consumilos baixo unha serie de condicións, explicadas nos trípticos a disposición dos veciños nos edificios públicos e noutros establecementos do Concello.

3.-"A auga é o sangue da natureza"

A A.A.V.V. San Roque pediu colaboración ao Concello para informar aos veciños e veciñas da Parroquia de Redonda sobre o aforro de auga, evitando gastos inútiles da mesma. Colaboramos coa Asociación elaborando uns trípticos informativos con medidas útiles de aforro de auga para que se repartisen entre os veciños. Contan agora cunha pequena axuda con medidas de aforro, tanto de auga como enerxético e económico.

4.- “Xogamos Todos: Xoga Limpo”

Realización de actividades na praia de Quenxe cos rapaces do “Programa Lecer” do Concello de Corcubión, intentando potenciar neles a importancia do respecto ao medio ambiente, a reciclaxe selectiva e o cuidado da praia e do noso entorno.

Proxectos e campañas en estudo:

1.-Recollida de Radiografías Inservibles en colaboración coa ONG Farmacéuticos Sen Fronteiras. 2.- Compostaxe Caseira ca A.A.V.V. San Roque e co C.E.I.P. Praia de Quenxe mediante un programa piloto. 3.- Reciclaxe de CD´s e DVD´s Inservibles mediante a instalación de contedores para depositar os mesmos.

Agradecendo de antemán a vosa colaboración


08/09/07 ao 08/09/07 I ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CDAR DE CORCUBIÓN

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Cárcere Vello.


15/08/07 ao 31/10/07 CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MEDICAMENTOS

Campaña de recollida de medicamentos para a súa reciclaxe.

Podes depositar os teus medicamentos na Casa do Concello ou directamente na farmacia, que é onde se levarán con posterioridade.

A recollida de medicamentos na Casa do Concello rematará a finais de outubro, pero recorda que poderás seguir levando os teus medicamentos á farmacia.


27/07/07 ao 02/09/07 IX MOSTRA DE ARTESANÍA

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Cárcere Vello.

HORARIO: De luns a domingo: De 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 h.


23/07/07 ao 28/08/07 CINE NA RÚA

Cine na rúa, ca proxección das seguintes películas:

23 de xullo: Pérez, o ratonciño dos teus soños, ás 22:15 h.

30 de xullo: Piratas del caribe, ás 22:15 h.

28 de agosto: Mía Sarah, ás 22:15 h.


14/07/07 ao 14/08/07 EXPOSICIÓN: MARÍA MARIÑO

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Casa da Cultura.

HORARIO: De luns a venres: De 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.

Sábado: De 11:30 a 13:30 h.


02/07/07 ao 13/07/07 EXPOSICIÓN: O MUNDO DA ENERXÍA

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Casa da Cultura.

HORARIO: De luns a venres: De 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.

Sábado: De 11:30 a 13:30 h.


01/07/07 ao 15/08/07 III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

BASES

1.Os concursantes poderán participar con tres obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas:

*Tema: Corcubión: Cultura, Deporte, Festas, Paisaxe e Patrimonio.

*Modalidade: en papel fotográfico (en cor, sepia ou branco e negro)

*Tamaño mínimo: 30 x 45 cm.

2.As fotografías presentáranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas e o lema do autor/a. Cada obra levará un título que deberá figurar no reverso da fotografía ademais do pseudónimo do autor ou autora. Nun sobre adxunto deberá incluirse o soporte da fotografía e facer constar os seguintes datos: nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo e nº de teléfono.

3.As fotografías entregaranse no Concello de Corcubión desde o día 1 de xullo ata o 15 de agosto.

4.Todas as fotografías serán expostas ao público nas dependencias do Concello e permanecerán no mesmo ata o 11 de outubro.

5.Establécense os seguintes premios: 300€ para o gañador e dous accésits de 90€ cada un.

6.Os premios resolveranse no mes de setembro por un xurado composto por persoas vinculadas ó mundo da cultura e da fotografía.

7.De non haber un número mínimo de obras presentadas ou si a calidade das mesmas, na opinión do xurado, fora deficiente, os premios poderán declararse desertos.

8.Non serán tidas en conta aquelas obras retocadas dixitalmente.

9.As obras gañadoras quedarán no poder do Concello, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.

10.As obras que non resulten premiadas poderán ser recollidas a partir do día 17 de outubro nas Oficinas Municipais. Aquelas fotografía que non sexan retiradas transcorrido un mes dende a data indicada, quedarán no poder do Concello, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.

11.O dictame do xurado será inapelable. A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación das presentes bases.


26/06/07 ao 03/07/07 VACANTES DE TRABALLO

O Concello de Corcubión acorda ofertar a través de convocatoria pública as seguintes vacantes de traballo:

PEÓN DE LIMPEZA DE PRAIAS..........4 PRAZAS

CAPATAZ LIMPEZA DE PRAIAS..........1 PRAZA.

O contrato de traballo terá unha duración de tres meses.

O prazo de recepción de solicitudes será ata o día 3 de xullo ás 14:00h.

As bases, así como o proceso de contratación e demais información, estarán a disposición de todos os interesados no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


10/06/07 ao 31/12/07 CESIÓN DE FOTOGRAFÍAS PARA A REALIZACIÓN DE POSTAIS

O Concello está a traballar para mellorar a promoción de Corcubión como destino turístico, tanto a nivel nacional como internacional, transmitindo ao exterior a idea de Corcubión como unha vila aberta, acolledora, comunicativa e solidaria, que se preocupa por cubrir as expectativas tanto do residente coma do turista, de forma que se recoñeza e valore esa imaxe de vila activa e de calidade, en definitiva, unha vila entregada o goce dos seus cidadáns e visitantes.

Unha das medidas a tomar é a cesión, aos empresarios de Corcubión que o desexen, dunha serie de fotografías co fin de que as empreguen para a realización de postais turísticas. Así, aqueles empresarios interesados, por favor, pasen polo concello para solicitalas e asinar o acordo correspondente.


08/06/07 ao 12/06/07 MOSTRA DE MANUALIDADES DO CENTRO SOCIAL

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Casa da Cultura.

HORARIO: De luns a venres: De 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.


02/06/07 ao 02/06/07 TALLER DE ACTIVIDADES E XOGOS PARA NENOS/AS DE TÓDALAS IDADES

Inscripcións na Biblioteca, ou chamando o número 981 746 190

DATA: Sábado 2 de xuño


18/05/07 ao 30/06/07 AMIGO LOBO. LENDA E REALIDADE DO LOBO IBÉRICO

A exposición AMIGO LOBO inclúe aproximadamente 100 fotografías de Carlos Sanz sobre a bioloxía, ecoloxía e problemática actual do Lobo Ibérico, e compleméntase con pezas óseas de lobos, libros e outros elementos relacionados con este animal.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala de exposición do Cárcere Vello, Explanada do Porto, 17.

HORARIO: De martes a venres: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 H.

Sábado: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 H.

*A semana do 11 ao 17 de xuño a exposición abrirá só en horario de mañán.


17/05/07 ao 17/05/07 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a María Mariño, celebrarase un acto no que falará D. Luís Lamela (Escritor corcubionés).

CA ACTUACIÓN DE: Airiños de Quenxe e Nova Buxaina

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Casa da Cultura de Corcubión

HORA: 19:30 h.


23/04/07 ao 23/04/07 CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE LINGUA GALEGA

DURACIÓN: 75 HORAS

DATA PREVISTA DE INICIO: 23 DE ABRIL

HORARIO: DE LUNS A XOVES, DE 19:00 Á 21:00 h

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 20 DE MARZO

Información e inscricións na Casa do Concello ou no teléfono 981 745 400

Requisitos: Certificado ou validación de ter realizado o curso de iniciación


14/03/07 ao 14/03/07 CREACION DA ASOCIACION ASAE. AMIGOS DE EUROPA

O pasado 14 de marzo quedou constituída a asociación AMIGOS DE EUROPA (ASAE), iniciativa que partiu do proxecto de irmanamento entre a vila francesa de Le Gâvre e o Concello de Corcubión.

A presidenta do órgano provisional de goberno da asociación é Dna. María del Carmen Cernadas Lado

De estar interesado/a en formar parte desta asociación, non dubides en porte en contacto ca presidenta no número 661 910 234.


09/03/07 ao 09/03/07 REUNIÓN PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA ASOCIACIÓN PARA O IRMANAMENTO CA VILA FRANCESA DE LE GÂVRE

Dentro da constitución dunha asociación para traballar en prol do proxecto de irmanamento entre a vila francesa de Le Gâvre e o Concello de Corcubión, convócase a todos os corcubioneses e corcubionesas a participar na reunión que terá lugar o día 9 de marzo ás 20:30 horas na Casa do Concello.

Na reunión aprobaranse os estatutos da Asociación e será elixida a directiva.

De estar interesado en participar neste proxecto, non dubides en asistir.


22/02/07 ao 22/02/07 REUNION INFORMATIVA SOBRE O IRMANAMENTO CA VILA DE LE GÂVRE

Dentro do proxecto de irmanamento entre a vila francesa de Le Gâvre e o Concello de Corcubión, convócase a todos os corcubioneses e corcubionesas a participar na reunión que terá lugar o día 22 de febreiro ás 20:00 horas na Casa do Concello.

Na reunión trataranse temas relativos ao futuro do proxecto, como son a posible creación dunha asociación ou comité de irmanamento que xestione o proxecto, posibles actividades a levar a cabo entre as dúas vilas e sobre todo, recolleranse ideas que poidan contribuír a que o irmanamento perdure no tempo.

De estar interesado en participar neste proxecto, ou en coñecer mais datos sobre o mesmo, non dubides en asistir


17/02/07 ao 24/02/07 ENTRODIO CORCUBIÓN 2007
Sábado 17 Febreiro na PRAZA DE CASTELAO

• As 17:00 h concentración de tódolos desfrazados/as • As 17:30 h desfile de comparsas • As 18:30 h. Concurso de comparsas e disfraces na PRAZA DE CASTELAO

COMPARSAS(mais de 6 compoñentes):1-premio = 600 Euros, 2-premio = 300 Euros y 3-premio= 150 Euros.GRUPOS( de 2 a 6 componentes):1-premio = 200 Euros; 2-premio = 100 Euros y 3-premio = 50 Euros.INDIVIDUAL: 1-premio = 100 Euros; 2-premio = 50 Euros y 3-premio = 25 Euros.

Para participar no concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas do Concello ou ben chamando por teléfono ao número 981.74.54.00 en horario de 8:00 a 15:00 h. antes do vindeiro día 16 de febrerio.

( No caso de mal tempo realizarase no pavillón municipal)

Sábado 24 Febreiro as 19:00h. no CÁRCERE VELLO:

“Degustación de Orellas e Filloas” E Para os mais cativos: “Talleres de Maquillaxe, Talleres de Globoflexia e Xogos Populares”


21/10/06 ao 21/10/06 DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO E CULTURAL, MEDIO AMBIENTE E CALIDADE DE VIDA

CASA DA CULTURA DE CORCUBIÓN

Mesa Redonda:

"Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible"

11:00 h Saúdo de:

FRANCISCO J. LEMA FUENTES, Alcalde do Concello de Corcubión

11:30 h. Mesa Redonda:

Moderadora:

ISABEL LEMA BLANCO, Diplomada en Estudios Avanzados, Educación Ambiental - Universidade da Coruña.

Ponenentes:

EMILIO M.FERNÁNDEZ SUÁREZ, Director Xeral de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

ARACELI SERANTES PAZOS, Profesora de Educación Ambiental na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

PILAR GARCIA DE LA TORRES, Profesora de Psicoloxía da Saúde - Universidade da Coruña.

13:30h Coloquio.


15/10/06 ao 30/06/07 BAILE DE SALÓN PARA NENOS E MAIORES

A Empresa Arte e Movemento en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Corcubión pon en marcha un curso de baile de salón que terá lugar na Casa dá Cultura de Corcubión. Todos os luns a partir dás 18:30h.

Para mais información póñanse en contacto con Juan Carlos ou Graciela nos teléfonos: 981.74.52.68 - 607.32.33.91


06/10/06 ao 07/10/06 Xuntanza Xuvenil Costa da Morte

A Oficina Municipal de Información Xuvenil e a Concellería de Deportes Xuventude e Voluntariado organizan a XUNTANZA XUVENIL COSTA DA MORTE con actividades como: graffiti, percusión africana, foros de discusión, concentración musical...

Durante a noite do 6 ao 7 os participantes poderán durmir no pavillón deportivo no que terá lugar a concentración musical.

A inscrición é gratuíta e o prazo esta aberto ata o día 6 de outubro ás 12:00 horas.

Para as actividades de percusión africana é necesario traer instrumentos de percusión.


23/09/06 ao 16/10/06 DICTAME DO XURADO DO II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE CORCUBIÓN
A Concellería de Cultura do Concello de Corcubión informa: "O día 20 de setembro de 2006 reuníuse o xurado do II Concurso de Fotografía Concello de Corcubión. A decisión do xurado foi a seguinte:

  1. 1º PREMIO dotado de 200€ : MARCOS SONEIRA LEIS
  2. ACCESIT: DOTADO DE 90€: IÑAKI POSE PIÑEIRO
  3. ACCESIT: DOTADO DE 90€: FELIPE GARCÍA RODRÍGUEZ

Desde o Concello queremos agradecer a participación de todos os concursantes e sinalar a alta calidade das fotografías presentadas este ano 2006.

Os premios entrégaránse o día 23 de setembro despois da Carreira Popular.