San Marcos, o patrón da vila, é sacado en procesión desde a igrexa de San Marcos polas rúas da vila. Festa local en Corcubión.
Romería popular. Non lonxe da igrexa de San Pedro da Redonda, no campo de San Roque, reúnense os veciños para comer e pasar un día de festa.
O sábado anterior á festa de San Xoán (24 de Xuño), ós veciños reúnense para facer unha sardiñada e saltar as fogueiras.
En Corcubión, vila historicamente mariñeira, sácase en procesión marítima pola ría a patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme.
Se hai un lugar apropiado para a realización dun evento destas características é Corcubión. Durante un fin de semana, a vila convértese nun Mercado Medieval. O pobo participa nesta festa vestíndose con roupas de época e disfrutando de todos os postos de venda que enchen as rúas do núcleo hístórico da vila.
Festa de gran tradición popular na vila, as Mercés serven para nos despedir do verán e dos visitantes que tivemos durante esta temporada.
Ademais hai unha enorme cantidade de festas populares e romerías nas vilas e parroquias da Costa da Morte. No verán non hai un fin de semana onde non haxa 3 ou 4 festas populares nun radio de 20 kilómetros arredor da nosa vila.