Localización: Rúa Pepe Miñóns (ó lado da Praza de Castelao)
Estilo: Modernista.
Situación xurídica: Propiedade privada, deshabitada.
Edificio que aloxaba o antigo xulgado de Corcubión.
Actualmente é unha vivenda organizada en dous niveis. A fachada principal ten dous corpos, no baixo hai dúas portas con arco de medio punto. No primeiro andar hai dous balcóns.
Na fachada lateral ábrense 4 vans, cun balcón no primeiro andar e unha pequena galería.
Na parte traseira dúas grandes pilastras enmarcan a fachada.