Capela de Santo Antonio

Capela de San Antonio

Localización: Campo de Santo Antonio, 2.

Cronoloxía: Construída en 1684 e reconstruída en varias ocasións. Erixido por Domingo Durán.

Estilo: Barroco.

Situación Xurídica: Propiedade do Arcebispado de Santiago de Compostela.

Capela de Santo Antonio (interior)

Pequeno templo de planta rectangular cunha capela maior que ocupa a súa totalidade, e cuberta de madeira a dúas augas con tella.

No interior consérvase do primitivo retablo unha imaxe policromada de Santo Antonio, datada no último terzo do século XVII.

A capela está situada nunha praziña (o campo de Santo Antonio) onde destaca un cruceiro do século XVIII.