Cárcere do partido

Cárcere do partido

Localización: Porto de Corcubión.

Cronoloxía: 1858.

Autor: Faustino Domínguez Domínguez.

Estilo: Ecléctico.

Situación Xurídica: Propiedade municipal.

Este edificio serviu como cárcere até época recente.

Organizouse como un volumen de planta trapezoidal arredor dun patio central. Desde este accédese á capela, ás celas e a unha dependencia que se utilizaba como enfermaría.

Rehabilitouse recentemente e actualmente destínase a oficina de turismo e centro de exposición e venda de artesanía comarcal.