Pazo dos Traba

Antigo Pazo dos Condes de Traba

Localización: Rúa de Carrera Fábregas, 27.

Situación Xurídica: Propiedade privada en uso.

Este pazo pertenceu aos Condes de Traba, señores de Corcubión a principios da Idade Media.

Organízase nunha planta en forma de L, distribuida en dúas alturas, deixando un pequeno patio interior.

A fachada principal presenta dous accesos, un ao nivel da rúa e outro en escalinata ao primeiro andar. Como elemento salientable está unha cheminea de pedra rematada en cuberta de tella.

Este edificio ten elementos propios da tradición mariñeira, como o aparello de cachotes irregulares.