A comida na Costa da Morte é moi representativa da cociña mariñeira do país. Podemos afirmar que se caracteriza por unha elaboración sinxela e pouco sofisticada así como pola excelente calidade dos seus productos. Nos últimos anos os restaurantes incorporaron aos seus menús receitas máis elaboradas e innovadoras, mais sempre baseados en produtos da zona.
Na nosa terra aínda é posíbel degustar dos alimentos case no seu mesmo lugar de orixe. Desfruta do arrecendo a mar do marisco fresco, ovos caseiros con xemas dun intenso amarelo, grelos da casa ou pan de forno de leña. Dá un paseo polos mercados municipais, con parada para tomar un viño ou unha cervexa, onde poderás atopar todos estes produtos.
Comenzamos falando dos nosos pratos máis humildes. Son tan comúns que sempre esquecemos falar deles aos que nos visitan. E paga a pena coñecelos.
Como no resto do país, a pataca é un elemento indispensable nas comidas dos galegos. Dicía Manuel Rivas sobre a nosa relación co tubérculo:
A expresión máis radical da saudade é a saudade da pataca
Na Costa da Morte temos moi boa pataca para curar a saudade. As de Coristanco teñen merecida sona, mais é posíbel atopar pataca fina de boa calidade en calquera mercado.
Esta pataca, de alto contido en almidón, cando se frite forma unha codia dourada e crocante que agocha unha carne branquísima e moi sabedeira. Se ademáis temos ovos caseiros podemos facer tortillas sublimes.
O pan de ovo é un bolo enriquecido con ovos, leite e azucre. É típico de toda a zona, polo que podemos atopalo en calquera panadería da comarca, principalmente pola Páscua. Nesta época do ano era tradicional regalar os padriños aos afillados unha rosca de pascua deste material.
Sen dúbida, quen deu a fama á gastronomía da Costa da Morte foron os seus peixes e mariscos. Entre os mariscos destacan nesta zona os percebes, os longueiróns, as centolas, as nécoras...
Os mellores percebes apañanse nas rochas onde o mar bate forte. Os do Roncudo teñen grande sona pola súa excelente calidade. Os longueiróns onde máis populares son é na zona de Fisterra.
Tamén poderás atopar na zona outros mariscos de excelente calidade, como as nécoras ou os ourizos. Se queres cociñalos ti mesmo, visita os mercados públicos, onde é máis sinxelo atopar estes produtos. Pero lembra NON MERQUES MARISCO E PEIXE NON AUTORIZADO.
As variedade de peixes das nosas costas é enorme. Estas son algunhas das nosas especies máis comúns:
Moitos deles poden prepararse á caldeirada ou á prancha. A mellor forma de conseguilos frescos é ir de pesca nas nosas costas (para o que se debe dispór da correspondente licenza).
Todos os anos celebran a festa do Bolo do Pote para dalo a coñecer.
No blog do Concello de Corcubión falamos do bo comer na Costa da Morte na categoría 'gastronomía'.
No apartado dos postres podemos salientar as filloas e as orellas, auténticas lambetadas características da época do entroido.