Distancia aproximada desde Corcubión: 15 Km, 24 minutos en coche (ver traxecto).
Cee - Fisterra:
Diario: 8:30 10:05 11:45 13:30 14:15 15:50 17:30 18:35 21:30.
Sábados: 10:05 11:30 13:15 15:50 17:30 18:30 21:30.
Domingos/festivos: 9:15 10:30 10:55 12:30 14:10 15:30 17:00 20:20.
Fisterra - Cee:
Diario: 7:00 7:50 9:30 11:00 13:45 16:30 18:00 19:00 19:45.
Sábados: 10:30 12:30 13:45 16:00 16:45 19:45.
Domingos/festivos: 8:45 9:45 11:00 13:30 16:00 18:00 19:30.
Prezo: 1,45 € (a 06/2006).
O topónimo Fisterra é debido a que estaba na costa máis occidental do mundo coñecido até o descubremento de América polos europeos. Na costa atlántica podemos atopar outros finis terrae como na Bretaña.
Para chegar ao cabo temos que seguir as indicacións que hai no centro de Fisterra. O camiño son 3 Km desde o centro da vila e recomendamos que se fagan camiñando.
De camiño ao faro, aconsellámosvos que fagades unha parada no Cemiterio de Fisterra, proxecto inacabado deseñado por César Portela. Este proxecto foi finalista na edición 2003 do Premio de Arquitectura Mies Van der Rohe. Desgraciadamente, non hai sinais que indiquen a súa situación e terás que prestar un pouquiño de atención. Subindo ao faro pola estrada verás o camposanto á esquerda, de formas cúbicas mirando cara ao mar.
A mellor hora para chegar ao cabo e no solpor: o espectáculo do sol afundindo no mar ben paga a pena, especialmente se ves facendo a pé o Camiño de Santiago. Podedes consultar en Meteogalicia as horas do solpor para hoxe.
O Faro de Fisterra forma parte do Roteiro dos Faros da Costa da Morte