Cabo Touriñan

Distancia aproximada desde Corcubión: 19 Km, 28 minutos en coche (ver traxecto).

Autobuses

Cabo Touriñan

Cee - Muxía:
Diario: 8:30 10:15 14:15 18:35.
Sábados: 14:15.
Domingos/festivos: 9:30 13:45.

Muxía - Cee:
Diario: 7:40 10:40 12:30 16:00.
Sábados: 10:40.
Domingos/festivos: 10:00 11:40 16:00.

Prezo: 2,50 € (a 06/2006).

É unha península de 2 km de longo e 250 metros de ancho na súa parte máis estreita.

O cabo apenas ten vexetación e o terreo é moi accidentado, con numerosos cantís. Os días de mar, as ondas baten con forza nas rochas. É unha das zonas máis perigosas da nosa costa.

Durante a marea baixa poderemos ir camiñando até a Insúa ou Castelo, un pequeno illote a poucos metros da costa.

Neste cabo hai un faro e forma parte do roteiro dos faros da Costa da Morte.

Cabos da Costa da Morte