Cabo Vilán

Distancia aproximada desde Corcubión: 43 Km, 1 hora en coche (ver traxecto)

Cabo Vilán

Autobuses

Cee - Camariñas:
Diario: 10:15 14:15 18:35.
Sábados: 14:15.
Domingos/festivos: /.

Camariñas - Cee:
Diario: 7:00 10:00 15:30.
Sábados: 10:00.
Domingos/festivos: 11:00.

Prezo: 4,00 € (a 06/2006).

Nos arredores do Cabo Vilán producíronse numerosos naufraxios. O máis famoso foi o do "Serpent", tras o cal se modernizou o faro no século XIX.

O naufraxio do Serpent acabou coa vida de 254 mariñeiros dun buque escola británico. Os corpos recuperados enterráronse no chamado Cemiterio dos Ingleses. Cada ano, un buque da Armada Británica pasa polo lugar da catástrofe e fai soar salvas na honra dos mortos.

Unha paisaxe espectacular, nun dos cabos máis pintorescos da Costa da Morte.

Preto do faro hai unha pista de terra de 13 kilómetros que conforma un bonito paseo pola beira do mar.

Mirando cara ao mar, á nosa esquerda, podemos ver o Monte Branco. Trátase dunha duna que rabuña pola ladeira do monte até acadar os 200 metros de altitude.

Neste cabo hai un faro e forma parte do roteiro dos faros da Costa da Morte.