Castro Borneiro

Castro Borneiro

Distancia aproximada desde Corcubión: 40 Km, 50 minutos en coche (ver traxecto).

Os castros eran poboamentos situadas nos cumios de outeiros, unha defensa natural. Adoitan estar protexidos por muros defensivos, feitos en pedra sen fixar, que gardaban as edificacións interiores de planta circular. Os primeiros castros son anteriores ás inmigracións celtas, xa na Idade de Bronce.

O de Borneiro é un dos castros máis importantes de Galiza. Estivo habitado entre o século VI a.C. e o I d.C.

Neste castro atopáronse aparellos de uso industrial, como crisois e moldes para a metalurxia, e outros obxectos de uso cotiá. Están expostos no Castelo de San Antón, na Coruña.