Distancia aproximada desde Corcubión: 1 hora 15 minutos en coche (ver traxecto)
Tamén chamado dolmen de Cerqueda, non hai que confundilo con outros co mesmo nome, como o que hai en Vimianzo e se describe no roteiro das mámoas.
Unha das antas máis importantes da Galiza. A cuberta está partida en dous e aínda se pode ver o buraco no que se colocou un barreno para partila.
Poderemos observar petroglifos nas pedras dos arredores.