Mámoa de Dombate

Anta de Dombate

Distancia aproximada desde Corcubión: 40 Km, 47 minutos en coche (ver traxecto).

Autobuses

Cee - Baio:
Diario: 7:30 8:30 10:00 11:30 14:15 17:00 20:15.
Sábados: 9:00 11:00 14:15 16:30 20:15.
Domingos/festivos: 10:15 18:30.

Baio - Cee:
Diario: 9:20 12:45 15:00 16:30 17:45 20:45.
Sábados: 9:15 11:50 15:00 16:30 17:45 20:45.
Domingos/festivos: 10:15 19:40.

Prezo: 4,40 € (a 06/2006).

Desde Baio podemos coller un taxi ou ben camiñar durante unha hora ata Borneiro.

É a mámoa máis importante de Galiza e foi utilizada aproximadamente entre o 3.900 A.C. e o 2.700 A.C.

A anta está composta por un corredor e unha laxe cubrindo a cámara de 4 x 2.90 metros.

Esta anta é unha das máis importantes da Península Ibérica, nas súas paredes apareceron restos de pinturas e na zona da entrada atopáronse 20 pequenos ídolos.

Non moi lonxe deste conxunto arqueolóxico está a A Cidá de Borneiro.