Distancia aproximada desde Corcubión: 11 Km , 16 minutos en coche (Ver traxecto).
Non hai servizos de autobuses de Corcubión a Lires.
É un lugar moi agradable á beira do río Lires. Contrasta con outras zonas costeiras da Costa da Morte, moito menos abrupta e salvaxe. O río avanza tranquilamente nos seus metros finais.
Na desembocadura do río temos praias desertas para desfrutar dun paseo agradábel. Non se recomenda o baño, por seren aguas perigosas.
No lugar ao pé da ponte sobre a ría podemos ver numerosas cabaceiras.