Monte Pindo

Distancia aproximada desde Corcubión: 12 Km, 15 minutos en coche (ver traxecto).

Monte Pindo

Autobuses

Cee - O Pindo:
Diario: 7:15 8:30 10:15 12:00 14:15 17:30 18:35 20:15.
Sábados: 10:15 14:15 16:05 17:20 18:15 20:00.
Domingos/festivos: 10:30 14:15 16:30 19:00 20:20.

O Pindo - Cee:
Diario: 7:50 8:50 10:50 12:20 13:35 14:25 15:50 19:20.
Sábados: 8:20 10:20 12:20 15:30 17:50 21:20.
Domingos/festivos: 8:50 9:35 11:50 15:50 17:50.

Prezo: 1,25 € (a 06/2006).

Tamén recibe o nome de A Moa. É un macizo granítico de 620 metros de altura. Existen numerosas lendas sobre este monte ao que os historiadores románticos denominaron como o Olimpo celta.

No cumio teremos unhas vistas impresionantes da ría. É unha excursión moi recomendábel, aínda que con tramos dalgunha dificultade.

Partimos da igrexa parroquial do Pindo, na que atoparemos un panel informativo. Na primeira parte está a zona máis difícil, con grandes rochas e moito desnivel.Máis adiante o camiño é máis cómodo.

O camiño está marcado por un sinal composto dunha banda amarela e outra branca. Debemos ter coidado no primeiro cruzamento, xusto ao pasar o regato preto da igrexa: haberá que coller o camiño que sube pola dereita.

O percorrido aproximado de ida e volta leva 4 horas e media.

Na metade da subida veremos as ruinas do Castelo de San Xurxo, derrubado nas revoltas irmandiñas. Máis arriba pode que atopemos cabalos salvaxes.