Mosteiro de Moraime

Distancia aproximada desde Corcubión 18 Km, 25 minutos en coche (ver traxecto).

Detalle do Mosteiro de Moraime

Autobuses

Cee - Muxía:
Diario: 8:30 10:15 14:15 18:35.
Sábados: 14:15.
Domingos/festivos: 9:30 13:45.

Muxía - Cee:
Diario: 7:40 10:40 12:30 16:00.
Sábados: 10:40.
Domingos/festivos: 10:00 11:40 16:00.

Prezo: 2,50 € (a 06/2006).

Só se conserva a igrexa románica do século XII que formaba parte do conxunto monacal.

Grazas ás doazóns de Afonso V os beneditinos constrúen este edifico.

Ten planta basilical con tres naves, un pórtico de estilo compostelán, e no seu interior conserva aínda restos das sorprendentes pinturas que cubrían todo o lateral, hoxe interpretadas como a representación dos sete pecados capitais e a morte.

No ano 1975 descubriuse unha fermosa porta no muro sur. Esta porta está adornada por catro columnas e e no tímpano está representada a derradeira cea de Xesucristo.

Podemos ver tamén algunhas pezas (sartegos e tubos de pedra) da época sueva ou romana.

Conxunto de Moraime

Románico na Costa da Morte

Máis información en internet