O centro está situado na veciña vila de Cee, no predio da vella casa do seu mecenas.
A colección está formada na súa maior parte polo instrumental científico e o material didáctico das antigas cátedras, laboratorios e gabinetes do vello instituto-escola de finais do século XIX. Cabe salientar tamén as coleccións de animais, minerais e foseis, así como os fondos artísticos e pictóricos ou a colección de ourivesaría relixiosa.
Podeis coñecer máis sobre este museo no blog do Museo Fernando Blanco de Lema.