Distancia aproximada desde Corcubión: 22 Km, 30 minutos en coche (ver traxecto).
Cee - Muxía:
Diario: 8:30 10:15 14:15 18:35.
Sábados: 14:15.
Domingos/festivos: 9:30 13:45.
Muxía - Cee:
Diario: 7:40 10:40 12:30 16:00.
Sábados: 10:40.
Domingos/festivos: 10:00 11:40 16:00.
Prezo: 2,50 € (a 06/2006).
O Santuario da Virxe da Barca é o lugar onde conta a lenda que se lle apareceu a Virxe ao Apóstolo Santiago nunha barca de pedra (esta lenda é froito da cristianización de antigos cultos litolátricos). Isto deu orixe a peregrinación a Muxía, prolongando a Rota Xacobea.
A Romaría da Virxe da Barca é unha das máis famosas de Galicia. Celébrase o segundo domingo de setembro, agás cando cae en día 8, no que se pasa a celebrala o día 15.
As festas e celebracións comenzan o venres anterior. O sábado cómpre ir camiñando desde a vila até o santuario, ateigado de xente e postos tradicionais.
O domingo celébrase a Misa Grande ao ar libre. Despois lévase a imaxe da Virxe até o porto onde se procede a benzón das augas. De seguido comenzan a soar os foguetes e o ambente festeiro prolóngase até a noite.
Nos arredores do santuario están as dúas rochas vinculadas co mito xacobeo: a Pedra de Abalar simboliza a barca na que chegou a Virxe e a Pedra dos Cadrís simboliza a vela. A Pedra de Abalar pode oscilar e, segundo a lenda, só poden facela abalar os limpos de corazón.