A
Costa da Morte é unha zona na costa oeste galega, na provincia
da Coruña.
Non se ten moi claro a orixe do nome; algúns din que é pola perigosidade do seu mar, que provocou moitos naufraxios e mortes; outros defenden a versión romántica do mito do sol que morre nas augas do atlántico, o que pareceu impresionar tanto aos romanos, que lle chamaron a estas terras o Finis terrae.
A Costa da Morte non ten realidade administrativa. Os seus límites son imprecisos e a xente e a paisaxe moi variadas. A Asociación Neria, que promove o desenvolvemento económico da Costa da Morte, ten entre os seus socios 14 concellos que son os que podemos considerar que forman parte da comarca.
A súa costa é accidentada cun mar bravo que bate constantemente contra as rochas. Cara ao interior suavízase e temos unha paisaxe verde e ondulada.
A economía tradicionalmente sustentouse na pesca e na agricultura. Hoxe en día tratamos de potenciar o turismo de natureza e etnográfico, os nosos máis importante valores, como pulo á economía da Costa da Morte.