Estes son os actos que se van celebrar nas próximas semanas no Concelho de Corcubiom:
05/01/12 ao 05/01/12 CABALGATA DE REIS
Saída ás 5 h da tarde da Casa da Cultura, percorrido polas aldeas do municipio e a vila de Corcubión e ás 7:30 h recibirán ás nenas e nenos na igrexa parroquial de San Marcos
30/12/11 ao 30/12/11 A HISTORIA DO APALPADOR
A compañía de TITERES CACHIRULO representará na Casa da Cultura de Corcubión a obra "A Historia do Aplapador" ás 18h00
23/12/11 ao 23/12/11 DOUS PALLASOS EN APUROS
A compañía "Os sete magníficos+1" porá en escena na Casa da Cultura de Corcubión a obra "Dous pallasos en apuros" ás 18h00
11/12/11 ao 11/12/11 TEATRO: "Pelos na Lingua"
Representación da obra de Teatro "Pelos na Lingua" a cargo da compañía Talía Teatro, con María Ordónez, Toño Casais e Artur Trillo e a dirección de Avelino González. Casa da Cultura de Corcubión, ás 18:30 h.
20/09/11 ao 29/09/11 ESCOLA DE TEATRO 2011/12
Ábrese o prazo de inscripción para o novo curso 2011/12 da escola municipal de teatro, desde o 20 ao 29 de setembro na Casa do Concello ou na Casa da Cultura, impartida por Toño Casais de "Talía Teatro"
03/09/11 ao 24/11/11 Curso de Filosofía e Música
Máis información en: http://ucdv.wordpress.com/ e http://www.pensaravoces.com/
01/09/11 ao 15/09/11 VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE CORCUBIÓN 2011
“VI Concurso de Fotografía do Concello de Corcubión”:
Bases que rexerán:
1.- Os concursantes poderán participar con tres obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas:
Asunto: Corcubión e o mar.
Modalidade: en papel fotográfico (en cor, sepia ou branco e negro)
Tamaño mínimo: 30 x 40 cm
2.- As fotografías presentáranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas e o lema do autor/a. Cada obra levará un título que deberá figurar no reverso da fotografía ademais do pseudónimo do autor ou autora. Nun sobre adxunto deberá incluirse o soporte da fotografía e facer constar os seguintes datos: nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo e nº de teléfono.
3.- As fotografías entregaranse no Concello de Corcubión desde o día 1 ao 15 de setembro.
4.- Establécense os seguintes premios: 300 € para o gañador, 150 € para o segundo e 100 € para o terceiro.
5.- Os premios resolveranse no mes de setembro por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo da cultura e da fotografía.
6.- De non haber un número mínimo de obras presentadas ou si a calidade das mesmas, na opinión do xurado, fora deficiente, os premios poderán declararse desertos.
7.- As obras gañadoras quedarán no poder do Concello, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.
8.- As obras que non resulten premiadas poderán ser recollidas polos autores na Casa do Concello. Aquelas fotografías que non sexan retiradas transcorrido un mes desde a data do fallo do xurado, quedarán no poder do Concello, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.
9.- O ditame do xurado será inapelábel. A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.
27/08/11 ao 27/08/11 NOITE DE CINE Verán 2011
"AVATAR" (7 anos)
22.00 Horas - Campo do Rollo (se chove Casa da Cultura)
20/08/11 ao 20/08/11 NOITE DE CINE Verán 2011
"UP" (para todos os públicos)
22.00 Horas - Campo do Rollo (se chove Casa da Cultura)
05/08/11 ao 05/08/11 CONFERENCIA DE MANUEL J. TELLO LEÓN
"A AGUA: UN LÍQUIDO SINGULAR". Conferencia impartida polo prestixioso académico e investigador corcubionés MANUEL J. TELLO LEÓN, doutor en Física pola Universidade Complutense de Madrid e catedrático de Física da Materia Condensada pola Universidade do País Vasco. O acto terá lugar o día 05 de agosto ás 20:30 horas na capela do Pilar.
01/08/11 ao 31/08/11 MOSTRA DE ARTESANÍA no cárcere vello
Exposión e venta de productos artesanais (Encuadernación, coiro, vidro fundido, encaixe, liño, cestería, meigas...)
22/07/11 ao 24/07/11 XI Mercado Medieval "Costa da Morte"
Máis información: www.mercadomedieval.info
01/07/11 ao 13/07/11 Exposición XI Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo
Exposición das obras gañadoras do XI Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, patrocinado pola Deputación Provincial da Coruña.
25/06/11 ao 25/06/11 Talía Teatro (contacontos para nenos/as)
Marta Ríos de Talía Teatro ofrecerá unha sesión de contacontos para nenas e nenos titulada MUNDOS CONTADOS.
Sinopse:Din que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Din que a Terra tamén é un mundo, pero se nela viven milleiros e milleiros de persoas, en realidade a Terra son milleiros de mundos diferentes. De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias. Son, polo tanto, mundos contados, mundos que existen desde hai moito tempo. Algúns permanecen, outros non. O que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe, mentres hai memoria, hai esperanza.
Hora: 18h00
Lugar: Casa da Cultura de Corcubión
28/05/11 ao 16/06/11 EXPOSICIÓN 9º Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado
Exposición das obras gañadoras do 9º Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado que organizou a Deputación da Coruña
17/05/11 ao 17/05/11 Día das Letras Galegas 20011. Acto de liberación de palabras
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2011 o Concello de Corcubión realizará un acto de liberación de palabras na praza de Castelao (no edificio do Cárcere Vello, se chove) que consistirá en que a cidadanía manifeste o seu apoio ao idioma escribindo unha frase ou simple palabra en galego que será pendurada como acto de reivindicación do idioma propio.
Os corcubioneses/as que se acheguen á praza de Castelao poden escribir a súa mensaxe, pensamento, reflexión ou palabra e colgala como acto de liberación e protesta contra o trato discriminatorio que segue a padecer o noso idioma.
10/05/11 ao 25/05/11 EXPOSICIÓN IV Premio Internacional de Arte Gráfica Jésús Nuñez
Exposición das obras gañadoras do IV Premio Internacional de Arte Gráfica Jésús Nuñez que organizou a Deputación da Coruña
20/04/11 ao 20/04/11 Xornada Informativa sobre os CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
Lugar: Casa do Concello de Corcubión
Hora: 17h00
Programa: 1)A importancia da formación para o emprego, 2)Vías para a obtención dos certificados, 3) Proceso de acreditación de competencias profesionais, 4) Onde informarse.
Dirixido a: Traballadores/as en activo ou en situación de desemprego, empresarios/as interesados na formación dos seus traballadores e axentes sociais que interveñen en materia de desenvolvemento local e sociolaboral.
Información: 981745400 / 981 558 347
25/03/11 ao 02/04/11 Congreso MODELO Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local
Organiza:Afiprodel (Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local
Colaboran:Concello de Corcubión, Concello de Vimianzo, Xunta de Galiza, Deputación da Coruña,Universidades de Santiago (1 crédito) e da Coruña (2 créditos),Bic Galiza UPD Coordina Local e Igape.
Datas e lugares:Vimianzo: 25 e 26 de marzo de 2011 e Corcubión: 1 e 2 de abril de 2011.
Información e inscricións: www.afiprodel.org e http://congreso.afiprodel.org
Prazo de inscrición: até o 15 de marzo de 2011 (via web)
Destinatarios:Axentes de emprego e desenvolvemento local, persoas que traballen ou que exerzan cargos políticos en asuntos relacionados co desenvolvemento local, estudantes universitarios, empresas e calquera que se sinta atraído pola temática do congreso.
12/03/11 ao 29/03/11 Exposición Arte na Provincia 2
O obxectivo fundamental da exposición é mostrar a obra dun conxunto de artistas plásticos -24 pintores e 7 escultores- nados ou estabelecidos na provincia da Coruña entre os anos 1945 e 1980. Dada a enorme extensión do período considerado é lóxico que esteamos ante artistas con concepcións estéticas diferentes, materializadas en estilos tamén moi diversos. Con todo, existe un punto de partida común: aquí teñen as raices, e os que viñeron de fóra xa se senten un máis de nós.