Corcubión e máis extensamente o occidente galego é un territorio que se pode visitar todo o ano, presentando diferentes caras e atractivos ao visitante segundo a época:
Unha das épocas máis fermosas para visitar a Costa da Morte. O despertar á vida da natureza faise máis evidente nunha zona case virxe como a nosa.
As temperaturas suben con respecto ao inverno, con temperaturas medias superiores aos 10 graos, pero a chuvia segue sendo un elemento habitual.
Os visitantes atoparán a comarca sen tantos visitantes como en verán, polo que é unha época inmellorábel para disfrutar da nosa natureza. Con todo, recomendamos traer roupa de chuvia para as actividades ao ar libre.
En Corcubión, a festa máis importante desta estación é a de San Marcos, o patrón da vila, que se celebra o 25 de Abril.
Tamén é importante na bisbarra a celebración da Semana Santa, tendo especial relevancia a Semana Santa de Fisterra.
Nesta época, nomeadamente nos meses de xullo e agosto, chega a maior parte de visitantes á nosa terra.
O clima segue sendo morno, con temperaturas medias ao redor dos 20 graos. Tampouco é descartábel que chova, aínda que é moito menos probábel que no resto do ano.
Nesta época pódense compaxinar as visitas culturais co disfrute da natureza, e máis concretamente con todo o relacionado co mar e as praias. É o mellor momento para disfrutar dos deportes naúticos en Corcubión.
A festa con máis sona ultimamente en Corcubión e a que máis visitantes achega a nosa vila é o Mercado Medieval, que se celebra a terceira semana de xullo. Durante un fin de semana, a vila convértese nun Mercado Medieval e o pobo participa vestido con roupas de época e disfrutando de todos os postos de venda que enchen as rúas do conxunto hístórico da vila.
Ademais da feria medieval, en verán é cando se celebran a maior parte das festas e celebracións de Corcubión, así como en toda a Costa da Morte.
Para moitos, a mellor época para visitar a bisbarra. A maioría dos turistas marchan. A gama de castaños, aos poucos, vai alternando co verde e facendo que a saudade se instale na paisaxe.
O clima é semellante ao de primavera, con temperaturas medias superiores aos 10 graos e precipitacións menos copiosas que en inverno, pero habituais.
O principio do Outono tamén é un bo momento para disfrutar da nosa natureza.
En Corcubión, esta época comeza coa tradicional festa da Virxe das Mercés (24 de setembro), que tradicionalmente serve para despedirse dos visitantes do verán.
O clima nestas terras é bastante moderado, polo que en inverno raramente se baixa dos 10 graos. Tamén hai que ter en conta a chuvia, que adoita ser abundante e que propicia o verdor destas terras.
No inverno a festa que máis se celebra na nosa bisbarra (ademais do Nadal) é o antroido, que se celebra en toda Galiza de maneira especial. Na nosa bisbarra ten especial sona o antroido de Fisterra.
Tamén é tradicional desta época a gastronomía relacionada co entroido, como o cocido, as filloas ou as orellas.